Un libro recolle os 100 anos de historia da “Unión Hijos de Morgadanes” de Montevideo

Manuel Losada Rocha, de profesión libreiro e de vocación contador de contos, tal e como el mesmo defínese, emigrante en Uruguai, foi recibido hoxe polo Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, para facerlle persoalmente a entrega duns exemplares do libro escrito por el, cuxo título é “Unión Hijos de Morgadanes Montevideo Cien años de historia”, que recolle o labor filantrópica deste centro fundado en Montevideo no ano 1918, por un grupo de emigrantes provenientes de Morgadáns que deciden unir os seus esforzos para axudar aos seus conveciños nunha época moi dura, como foi a postguerra, e preservar as súas tradicións, festas e xogos populares no exilio, entre outros fins.

Un vestixio significativo dese labor altruísta, foi a construción da Escola de Morgadanes, que actualmente forma parte do CRA, Colexio Rural Agrupado Antía Cal.

Este libro recolle experiencias e imaxes desa emigración. No seu interior tamén recolle detalles curiosos e descoñecidos para moitos, como a referencia ao documental baseado nunhas gravacións realizadas no ano 1928, na comarca de Morgadanes, producido por José Gil e financiado por esta asociación, que hoxe se pode ver na internet.

Nesta frutífera reunión, o Alcalde mostrou o seu profundo agradecemento non só ao escritor da obra, senón a todas aquelas persoas que colaboraron na súa realización, e en especial a eses veciños desta parroquia emigrados no Uruguai que son realmente os protagonistas desta historia.