Sin categoría

O 55 Rallye Recalvi Rías Baixas trasládase a setembro

Debido a unha reorganización do calendario deportivo estatal por parte da Real Federación Española de Automobilismo, a Escudería Rías Baixas viuse en necesidade de cambiar a data inicialmente prevista para a celebración da 55 edición do Rallye Recalvi Rías Baixas.

A proba, pertencente ao CERA-RECALVI (Copa de España de Rallyes de Asfalto), disputarase despois do verán, os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro.

O comité organizador do Rallye Recalvi Rías Baixas pide desculpas a equipos participantes, afeccionados, patrocinadores e público en xeral polas molestias que lles poidan causar estes cambios alleos á súa vontade.