Este mércores día 23 de marzo convócase á cidadanía a concentrarse na Ramallosa ás 20:00 horas. O motivo é o feminicidio ocorrido o pasado xoves día 17 en Barro. A concentración é convocada pola Asociación Feminista Area Loura e polo Comando Ghichas. “Temos que continuar berrando e clamando contra a violencia machista, contra os feminicidios, contra o machismo e o patriarcado, que aínda permanecen moi vivas na nosa sociedade. Nin unha vítima máis, o machismo mata! Quéremonos vivas, libres, iguais e respectadas!”, sinalan as organizadoras.
Nova concentración contra a violencia machista na Ramallosa


