Relatorio de Víctor Miguel Fernández sobre as mulleres na historia do turismo de Baiona

Mañá venres, 11 de marzo, ás 19:30 horas no Centro Multiusos de Sabarís, o doutorando en Turismo Víctor Miguel Fernández ofrecerá unha conferencia que ten por título “Fálame delas. Mulleres na historia do turismo de Baiona”. Con este relatorio iníciase a “Primavera Lila”, a programación deseñada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona e a dirección do CIM con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.

Entre os meses de marzo e maio levaranse a cabo toda unha serie de actividades que forman parte dunha programación que co 8 de marzo como escenario, teñen como obxectivo xeral promover a consecución da igualdade real e efectiva entre as mulleres e os homes no ámbito escolar e cultural e previr a violencia de xénero.

Aplicando a transversalidade de xénero, sen limitarse a un só contexto ou plano de actuación, para traballar na sensibilización en Igualdade e a prevención da violencia machista desde os distintos campos, a “Primavera Lila” integra toda unha serie de actividades enfocadas a distintos tipos de públicos.