Cortes de subministración eléctrica en Gondomar por traballos de mantemento e mellora

O Grupo Naturgy informa de posibles interrupcións da subministración eléctrica en Gondomar o vindeiro luns día 8 de abril de 8:00 a 8:45 da mañá e o xoves 11 de 12:00 a 13:00 horas, co fin de efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica.

As zonas afectadas serán A Carballeira, A Fonte, A Fraga, A Portela, A Torre, Area, Bastida (Bandeiriñas, Bastida, Boucia, Feira, Fonteiriñas, Laxes, Terra Do Rei, Vacarias), Camiño Branco, Carballas, Entreviñas, Gándara, Gonda, Gondomar (Barrio Queimaliños, Camino Chapurra, Manuel Gonda Pérez), O Lago, O Lugar, Padróns (Pedra), Pedreira, Peroleira, Peitieiros (Piñeiro).