
A Biblioteca Municipal de Baiona instalou na entrada do centro unha caixa de correos de devolución. Grazas a este mecanismo, usuarios e usuarias teñen a posibilidade de facer as devolucións de calquera material en préstamo fóra do horario de apertura.
A instalación do mesmo redunda nunha maior comodidade á hora de xestionar devolucións, sobre todo para aqueles/as que, por cuestións laborais ou persoais, non dispoñen de flexibilidade horaria para acudir á Biblioteca.
As instalacións da Biblioteca Municipal de Baiona están abertas en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de tarde de 16:00 a 20:00 horas. Sábados de 9:30 a 13:30 horas. E no verán en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.