
O Concello de Baiona, en colaboración coa ONG “Ayuda al Mundo Necesitado”, pon en marcha este luns día 7, e ata o sábado 12 deste mes, a recollida anunciada estes días: alimentos non perecedoiros, medicamentos precintados (con data sen caducar), roupa de abrigo (incluídas mantas ou edredóns) en perfecto estado. Rógase que a roupa solicitada estea en óptimas condicións de hixiene. Así mesmo, faise un chamamento a quen poida doar caixas de cartón e cinta adhesiva para posterior embalaxe.
O horario de recollida na sede da ONG (Praza de Abastos de Baiona, Camiño Entrehortas, 3ª Planta) será o luns, martes, xoves, venres e sábado de 16:00 a 19:00 horas, e o mércores de 8:00 a 12:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Ao mesmo tempo e por realizar a recollida coa mellor organización, sen interferir á veciñanza, o Alcalde Carlos Gómez solicita de todas as persoas que queiran colaborar tenten ser o máis precisas e ordenadas na súa disposición. Agradece a vontade de todos e todas na solidariedade manifestada.
O Concello de Baiona subscribiu a súa colaboración para a acollida e prestar axuda humanitaria ás familias procedentes e Ucraína tras formalizar a súa inclusión no programa coordinado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en colaboración coa Secretaría de Estado de Migracións do Ministerio de Inclusión Social, Seguridade Social e Migracións.