Sin categoría

O nigranés Mauro Sanromán Costas, terceiro clasificado nos campionatos galegos sub 18

Este sábado renóvase a liga galega de xadrez, despois de ser suspendida a pasada fin de semana por mor de terse celebrado na localidade de Padrón os Campionatos Galegos de Xadrez nas categorías sub 8, sub 14 e sub 18, nos que o nigranés Mauro Sanromán Costas quedou terceiro na categoría de sub 18, con seis puntos perdendo soamente co campión do torneo, Rubén Fernández López, que rematou invicto. Con este posto Mauro consigue praza para o Campionato de España.

Este sábado, o Laroca A desprázase a Ourense para enfrontarse ao Club Deportivo Xadrez Ourense A, líder da categoría na división de honra dentro do grupo B. Na segunda división no grupo H, os dous equipos miñoranos que defenden o liderado xogan en Nigrán. O equipo do Laroca B enfróntase ao Salceda do Altamira, namentres que o equipo do Laroca C enfróntase ao Xadrez Mos B. Na terceira división o equipo do Laroca D desprázase a Ponteareas para defender o liderado ante o equipo de Xadrez Ponteareas A-Tapería A Nosa Terra.