Nigrán organiza o luns o Entroido infantil con baile e contacontos no Auditorio Municipal

O Concello de Nigrán ofrece o seu Entroido infantil este luns 28 de febreiro desde as 17:00 horas no Auditorio do Concello. Este contará con baile de disfraces e contacontos a cargo do dúo “Voltereta e Volvoreta”, ademais haberá unha sorpresa para todos os participantes.

A programación finaliza o sábado 12 de marzo co tradicional enterro do kiko de Parada que, unha vez máis, partirá dende a Casa do Concello tirado por un carro de bois para ser velado a continuación no Torreiro de Parada.