Sin categoría

Bandeiras a media hasta en Baiona polo naufraxio do pesqueiro “Vila de Pitanxo”

As bandeiras ondean a media hasta no Concello de Baiona en sinal de loito polo naufraxio do pesqueiro “Vila de Pitanxo”.

Ás 11 da mañá de hoxe membros do goberno local e traballadores do Concello gardaron un minuto de silencio polo naufraxio do pesqueiro “Vila de Pitanxo” en augas de Terranova, Canadá, e que causou o falecemento e a desaparición de varios tripulantes.

Deste xeito, o Concello quixo amosar o seu pesar compartido coas familias dos desaparecidos e a súa solidariedade.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinalou que “desde Baiona, como vila mariñeira que somos, lamentamos profundamente a traxedia acontecida en augas de Canadá do barco pesqueiro galego e a perda de vidas. Todo o noso cariño ás familias, á comarca do Morrazo e á xente do mar”.