O Álvaro Cunqueiro acolleu un curso nacional de cirurxía esófago-gástrica

O Hospital Álvaro Cunqueiro acolleu, un ano máis, o Curso nacional de cirurxía esófago-gástrica destinado á formación de facultativos nas técnicas máis avanzadas neste tipo de intervencións. Avaliado pola Sociedade Española de Cirurxiáns, está dirixido a residentes de 4º e 5º ano de Cirurxía Xeral e Dixestivo.

Neste curso participaron 9 residentes de distintas comunidades españolas. Durante 3 días desenvolveuse un completo programa teórico e práctico en xornadas de mañá e tarde. Así, os asistentes participaron en 12 intervencións cirúrxicas -4 delas con cirurxía robótica– de diferentes tipos de patoloxías, desde as benignas ás de maior complexidade como cancros de esófago e gástrico.

Neste momento, este curso é xa unha referencia na formación especializada a nivel nacional.