Correos asina un acordo de colaboración para promocionar o Xacobeo 21-22

Correos promocionará o Ano Santo Xacobeo 21-22 grazas a un convenio de colaboración asinado coa Xunta de Galicia. En virtude deste acordo, Correos apoiará, difundirá e promoverá este evento ao longo deste ano Santo Compostelán.

A compañía e Turismo de Galicia unen esforzos para difundir o Camiño de Santiago a nivel nacional e internacional a través do envío dun selo e tres láminas conmemorativas do Ano Santo ás preto de 350 Asociacións de Peregrinos Nacionais e Internacionais.

O selo do Xacobeo 21-22, emitido en maio de 2021, está protagonizado por Floreano, un dos personaxes máis queridos da prensa galega, convertido para a ocasión en peregrino. O envío complétase con tres fermosas ilustracións de Alicia Aradillo que forman parte do libro filatélico ‘O Camiño de Santiago. Selo a Selo” e nas que o propio Camiño, o Pórtico da Gloria e a Catedral de Santiago son os protagonistas.

A través deste convenio con Turismo de Galicia, Correos seguirá promovendo o Camiño de Santiago como factor de cohesión cultural, ambiental, territorial e desenvolvemento económico de cidadáns e empresas.

Compromiso de Correos co Camiño de Santiago

Correos está presente no Camiño de Santiago desde 2015 a través de http://www.elcaminoconcorreos.com, poñendo ao dispor de todos os peregrinos servizos específicos para resolver as súas necesidades ao longo do seu Roteiro.

Grazas a Correos, os peregrinos poden camiñar libres de cargas co Paq Mochila –servizo de transporte de equipaxes de aloxamento en aloxamento-, ou enviar os seus paquetes, maletas ou bicis a calquera punto do Camiño grazas ao Paq Peregrino e o Paq Bicicleta.

Ao chegar a Santiago de Compostela, os peregrinos tamén poden beneficiarse do servizo de consigna que Correos ofrece na oficina de Rúa do Franco, 4, a dous minutos da Praza do Obradoiro.

Toda a información sobre estes e outros servizos de Correos para o Camiño de Santiago está dispoñible na páxina web http://www.elcaminoconcorreos.com, onde o peregrino tamén poderá atopar onde durmir nun buscador con máis de 4.000 aloxamentos, descrición dos Roteiros Xacobeos máis populares e máis de 300 consellos de que ver e facer no Camiño por parte dos carteiros.