A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento xeneralizado á participación da cidadanía e, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos 0 Positivo, A Negativo e A Positivo.
As xornadas festivas xunto coa situación actual da pandemia, con máis de 59.000 casos activos, repercuten nos niveis de reservas dos distintos grupos sanguíneos, polo que resulta preciso reactivar o permanente chamamento á doazón. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.
En moitos dos labores asistencias que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En ocasións pode baixar o número de doazóns, como nas circunstancias actuais, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que necesitan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días máis de 40 concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
|
DATA
|
CONCELLOS
|
|
Xoves 13
de xaneiro
|
Pontedeume, C.FP Cruz Vermella (A Coruña), Praza Conchiñas (A Coruña), Padrón, Noia, Meaño, Alcampo-Coia (Vigo), Navia (Vigo), Praza Maior (Lugo), Xinzo de Limia |
|
Venres 14
de xaneiro
|
Centro Comercial Odeón (Narón), C. FP Cruz Vermella (A Coruña), Praza Conchiñas (A Coruña), Obelisco (A Coruña), Noia, Padrón, Vilagarcía, Ponteareas, Valadares (Vigo), Viveiro, Lalín |
|
Sábado 15
de xaneiro
|
Centro Comercial Odeón (Narón), Obelisco (A Coruña), Noia, Vilagarcía, Ponteareas, CC As Termas (Lugo) |
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
|
CENTRO
|
HORARIO
|
|
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado das 8.00 ás 15.00 horas |
|
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado das 8.00 ás 15.00 horas |
|
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
|
Luns das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 8.00 ás 22.00 horas |
|
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO
|
Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas |
|
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE
|
Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas
Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas |
|
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
|
Luns e venres de 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas |
| HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás15.00 horas |
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
ADOS Lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono arriba citado.

