O Sergas cita esta semana a 10.600 nenos e nenas de 5 a 7 anos para vacinarse no IFEVI

O Sergas continúa a vacinación dos nenos menores de 12 anos no IFEVI. Esta semana vanse citar a 10.600 de entre 5 e 7 anos. En concreto, o martes, mércores, xoves (en horario de tarde) e o sábado pola mañá.

De xeito simultáneo, continúase tamén inoculando a dose de reforzo ao grupo etario de entre 40 e 49 anos e realizándose repescas de todas aquelas persoas que por algún motivo non acudiron á súa cita. En total, esta semana están convocadas 34.500 persoas.

En relación coas probas diagnósticas, destacar que a partir do mércores día 12 tamén vanse realizar os test de antíxenos en saliva noutros concellos da Área Sanitaria. Así, o mércores os equipos de profesionais achegaranse ata Cangas (antiga Casa do Mar) e Tomiño (auditorio de Goián).

Serán con autocita, que pode solicitarse en: https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx