Detido tras agredir a unha muller de Baiona sobre a que tiña unha orde de afastamento

Un transeúnte camiñaba, na mañá de onte ás 12:00 horas, pola rúa Pintor Colmeiro de Vigo, cando observou a agresión dun home sobre unha muller. Ao momento deu aviso á Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo, trasladándose ao lugar unha Patrulla en emerxencia. No momento da chegada, un dos funcionarios observou a un individuo que coincidía coas características achegadas pola testemuña, abandonando o lugar de forma apresurada, procederon a interceptalo e identificando, resultando ser R.C.A, de Vigo e 53 anos de idade.

Realizando a xestión telemática de comprobación dos seus datos, pescudaron que lle constaba en vigor unha orde de afastamento e prohibición de aproximarse a menos de 200 metros da muller coa que se atopaba, ditada polo Xulgado do Penal número 2 de Vigo. A aludida resultou ser A.M.M.A, de Baiona e 44 anos de idade, dándose a casualidade de que ambos coincidiran nun establecemento da zona. Os axentes procederon á detención do home pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero e quebrantamento de condena.