Volven os Papa Noeles Surfeiros á praia de Patos

O aumento na incidencia de contaxios rexistrado nos últimos días na comarca comeza a facer efecto nas actividades do Nadal, e este ano a tradicional papanoelada surfeira organizada polas escolas de Patos tivo que extremar as precaucións. A presente edición viuse reducida en número limitándose tan só aos integrantes dos centros deportivos e aínda así reuniu a medio centenar de persoas, cando en realidade a súa esencia radica en presentar esta modalidade deportiva a todos os públicos á vez que saúdan ao Nadal cun compoñente solidario.

Aínda que poida parecer un número considerable, a afluencia en prepandemia chegou a superar os douscentos asistentes. Precisamente a gran parte das iniciativas previstas para a tarde deste xoves a pé de praia tiveron que suspenderse por prevención, caéndose da axenda a chocolatada prevista. Con todo, a iniciativa que leva 14 anos celebrándose de maneira case ininterrompida, logrou recadar máis de 100 quilos de alimentos non perecedoiros, que posteriormente se entregarán ao Banco de Alimentos Municipal.

A iniciativa está organizada pola Asociación de Escolas de Surf de Patos integrada por Prado Surf Escola, Patos Surf Galicia, Break Point Patos, La Conservera del Surf e Dacss Formación e contan coa colaboración do Concello de Nigrán.