“Feira de Nadal” no multiusos de Sabarís ata o 9 de xaneiro

O edifico do mercado de Sabarís, agora reconvertido en multiusos, alberga unha mostra colectiva da Asociación de Artistas Galegos Alterarte ata o próximo 9 de xaneiro. Un total de 25 pintores e escultores expoñerán as súas obras na exposición, visitable todos os luns de 11:00 a 14:00 horas, e venres, sábados e domingos en horario de tarde, de 18:00 a 21:00 horas. A “Feira de Nadal Enxebre” está patrocinada pola Concellería de Cultura de Baiona e nela participan Ana Padín, Áurea Pousa, Carmen Balbuena, Concetta Montenegro, Constantino González, David Cabaleiro, Diana Cordero, José Fervenza, José Posada, Lorena Novoa, Luis Martín, Luis Viñas, Luisa Paz, Lourdes Meis, María Fortes Blanco, Marisa Vázquez, Mercedes Gozalo, Mónica Veiga, Olga Varela, Patricia Táboas, Pilar G. Mourin, Pimira, Santiago Riera, Tania Ulloa e Teresa Viéitez. Entrada gratuíta, actividade suxeita ás normas sanitarias.