Vive Nigrán anuncia a primeira confirmación da súa 6ª edición

Vive Nigrán anuncia a primeira confirmación da súa 6ª edición. Rigoberta Bandini actuará o sábado 16 de xullo en Nigrán. As entradas para este primeiro día anunciado xa se atopan á venda a un prezo inicial de 25 € + gastos a través da web do Festival e de Ataquilla.com. Os abonos tamén están dispoñibles por un prezo inicial de 50€ + gastos. O festival volverá unha vez máis ao campo de fútbol de Monte Lourido os días 15 e 16 de xullo, sendo Rigoberta Bandini a primeira gran confirmación desta nova edición. Proximamente desvelaranse máis artistas.

Superado con éxito o reto da anterior edición de Vive Nigrán 2021, a organización, fiel ao seu espírito, regresa este 2022 coa 6ª edición do festival, que novamente se situará a escasos metros de Praia América, o seu incomparable escenario de cada verán no campo de fútbol de Monte Lourido. O festival contará unha vez máis co patrocinio de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas que busca reivindicar os encontros como algo esencial para vivir mellor, ademais do apoio do Concello de Nigrán.

INFO RIGOBERTA BANDINI

O fenómeno RIGOBERTA BANDINI é un dos proxectos máis exitosos que xurdiron ultimamente na escena musical española. As súas primeiras cancións fixéronse virais en plena pandemia e agora converteuse nunha das artistas máis desexadas por festivais e programacións con cancións como “In Spain We Call It Soledad”, “Perra” ou “Too Many Drugs”, que conseguiron coarse entre as máis virais de Spotify. As súas cancións cativan á primeira escoita. Letras acedas, irónicas, divertidas, pero nada inocentes e esa aditiva mestura de pop e electrónica levárona a aumentar de forma exponencial o seu número de seguidores e a ser sen dúbida unha das artistas do momento.

Paula Ribó é a persoa detrás de Rigoberta Bandini. Artista multidisciplinar onde as haxa, a creadora catalá de 30 anos leva cantando desde os seis, compoñendo desde os sete, actriz de dobraxe sendo a voz en español de personaxes como Caillou ou en películas como “El viaje de Chihiro”. Ademais, publicou unha novela de auto ficción chamada “Vértigo”, estreado as súas pezas teatrais como directora, dramaturga e actriz no Festival Temporada Alta de Xirona ou o Teatre Lliure, entre outros lugares, e atopa inspiración para escribir poesía ata cun concepto como o dunha transferencia bancaria. Pero foi a música que crea e interpreta baixo o seu alter ego Rigoberta Bandini a que a converteu nun dos fenómenos musicais do ano.

Ademais, Rigoberta Bandini, participará no Benidorm Fest con “Ay Mamá”, que se celebrará durante o mes de xaneiro e cuxo gañador será o representante de España en Eurovisión 2022. Esta proposta promete conservar o selo persoal da artista nunha canción que rende homenaxe a todas as nais e mulleres.