A Rondalla de Chaín actuará este sábado no Hospital Álvaro Cunqueiro

Este pasado domingo comezaron as actuacións da Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, e aínda que toda a axenda que teñen programada é moi especial, e nesta ocasión, máis que nunca, despois do indesexado parón forzoso do pasado ano, hai unha data realmente emotiva. É a do 18 de decembro, xa que por terceira vez, achegaranse ata o Hospital Álvaro Cunqueiro para levarlle un anaquiño de Nadal a todos os que conforman a comunidade do centro, enfermos e ás súas familias, e aos traballadores, que fan unha labor importantísima, e máis nos tempos que estamos vivindo. A actuación terá lugar na zona exterior do Hospital Álvaro Cunqueiro, o sábado 18 de decembro ás 16:00 horas.