Ouro para o baionés David González na II Copa Maider Unda de Loitas Olímpicas

O baionés David González proclamouse campión da II Copa Maider Unda de Loitas Olímpicas, que se celebrou este pasado sábado no Frontón de Barakaldo (Bilbao), contando coa presenza de 8 Comunidades Autónomas e 350 deportistas. O integrante do Club de Loita Sabarís logrou a medalla de ouro na categoría sénior de Loita Libre Olímpica 65 (+2).

Este torneo de ámbito nacional, organizado en homenaxe á medallista Olímpica Maider Unda (Bronce nos XXOO de Londres 2012), foi a gran referencia das loitas olímpicas durante este pasado sábado. A selección galega desprazada a Barakaldo obtivo moi bos resultados individuais, cun equipo novo, repleto de deportistas bolseiros no CGTD de Pontevedra.

Os resultados individuais foron: