O barrio de Nande en Mañufe celebra a festividade de San Andrés

O barrio de Nande, na parroquia gondomareña de Mañufe, celebra este martes día 30 de novembro a festividade de San Andrés. Ás 11:00 da mañá, a Banda de Música Cultural de Arcade ofrecerá un pasarrúas polo centro de Gondomar. Ás 12:30 horas celebrarase a Misa Maior na honra de San Andrés seguida de procesión acompañada pola citada Banda de Música, que ofrecerá un concerto ao finalizar.