A Escola de Danza LDanzia de Gondomar logrou esta fin de semana seis premios no I Trofeo de Baile Internacional Presencial “Vigo Xacobeo 21.22”, celebrado dentro da 9ª edición do evento internacional de baile Vigo Porté.
A escola gondomareña, dirixida pola profesora Lorena Benítez, levou o domingo o segundo premio na categoría júnior absoluta na Disciplina Urbana coa súa coreografía “Demasiadas Mujeres”. O sábado pola tarde, na competición para a categoría Mini/Infantil, LDanzia logrou cinco premios, o primeiro, segundo e terceiro na Disciplina Urbana, coas coreografías “Fuerte”, “Slow” (Daniela Fernández) e “Las Supernenas” respectivamente, e o primeiro e segundo na Disciplina Fusión, con “Qué Calor” e “Little Star” (Noa Albores).
A directora de Vigo Porté, Lorena López, realizou unha valoración moi positiva do evento, celebrado no Auditorio Mar de Vigo, e destacou a gran calidade de todas as coreografías participantes. O presentador e presidente do xurado, Javier Castillo “Poty”, tamén puxo de manifesto o gran nivel de todos os bailaríns e ambos anunciaron que a 10ª edición prevista para o ano virá cargada de moitas sorpresas.
GAÑADORES JÚNIOR ABSOLUTA
Disciplina Urbana:
- Open Dance School (Viana, Portugal) – ODS Crew
- LDanzia (Gondomar) – Demasiadas Mujeres
- Asociación Baile Sabor (Moaña) – The Crew/ Wild
GAÑADORES MINI/INFANTIL
Disciplina Urbana:
- LDanzia (Gondomar): Fuerte
- LDanzia (Gondomar): Daniela Fernández – Slow
- LDanzia (Gondomar): Las Supernenas
Disciplina Fusión:
- LDanzia (Gondomar) – Qué calor
- LDanzia (Gondomar) – Noa Albores – Little Star
- Little Noa (Ponteareas) – Noa García – Derniere Danse

