O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu hoxe a entrega de premios do concurso de debuxo e slogan contra a violencia de xénero, organizado pola Concellería de Igualdade en colaboración cos centros educativos que imparten a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria no municipio. O concurso forma parte do proxecto 365 días en Igualdade, subvencionado pola Deputación de Pontevedra no marco das axudas para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero para concellos de menos de 20.000 habitantes.
Os gañadores e gañadoras nesta edición foron:
LILIN WANG que cursa 3º da ESO no CPI COVA TERREÑA e que acadou o terceiro premio, uns auriculares inhalámbricos.
JANICE JEUSSET que cursa 3º da ESO no IES PRIMEIRO DE MARZO, que acadou o segundo premio, un smart watch.
NOELIA CASAÑAS PEÑA que cursa 3º da ESO no CPI COVA TERREÑA e que acadou o primeiro premio, unha tablet.
Ademais dos premiados o xurado seleccionou 11 traballos que formarán parte da axenda igualitaria do ano 2022. Do CPI Cova Terreña foron seleccionados os traballos de Xiana Rueda Quintas, Ainoa Bouzós Balboa, Carlota Costas Barreiro,Gloria Calero Iglesias, Iria Ludeña Pérez e Raquel Alonso García. Do IES Primeiro de Marzo foron seleccionados os traballos de Abril Rodríguez Cabral, Liliana Melón Gómez, Beltrán Mendez Lorenzo, Alexandra Rial Penedo e Yara Cambra Leyenda.
A Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, recalca que “este concurso de debuxo ten como obxectivo que o alumnado reflexione sobre a violencia machista e as desigualdades entre homes e mulleres. A través da expresión plástica, a xuventude dos dous centros de Baiona, fálanos sobre como ven eles e elas esta problemática”.
Por outra parte, mañá día 25 de novembro terá lugar o acto central organizado pola Concellería de Igualdade no CEIP Fontes en colaboración coa ANPA e o centro educativo. Un evento moi completo onde haberá música a cargo de High Paw e O Rabelo. Tamén o alumnado interpretará un tema musical, farase lectura de poemas de Águeda Portela, inaugurarase o mural realizado por Lula Goce. E a Anpa dará a coñecer o resultado de seu proxecto “A igualdade, un mar de oportunidades”. O acto está aberto a toda a veciñanza e comezará as 12:00 horas.

