8.000 persoas da Área Sanitaria de Vigo serán citadas esta semana para unha proba PCR

O Sergas retoma a realización de cribados programados á poboación asintomática da Área Sanitaria de Vigo. Así, esta semana citará a 8.000 persoas para realizarse a proba PCR no PAM (Punto de Atención Móvil) emprazado en As Avenidas fronte ao Náutico de Vigo. Nesta fase, empezarse convocando a través de SMS aos menores de 50 anos dos centros de saúde da cidade de Vigo.

Ademais, continúa o proceso de vacinación no IFEVI coa inoculación da terceira dose á poboación entre 70 e 79 anos e, a partir do xoves, se citará tamén ás persoas que no seu momento recibiran unha única dose de Janssen, para inxectarles a dose de reforzo.