Ardelume Grupo de Integración é unha formación tradicional onde a maioría de membros son diversos funcionalmente. Conta co respaldo da Asociación co mesmo nome situada en Baíña (Baiona) baixo a Presidencia de Pilar Rodríguez e, con dez anos de existencia. Presentarán este sábado día 24 no Concello da Guarda e, o domingo 25 no Auditorio de Nigrán, unha canción ex-profeso cun videoclip dedicado ao Monte Santa Trega.
Composta por Raquel González (membro de Ardelume) o vídeo é unha homenaxe ás terras da Guarda, onde soan as voces e instrumentos da Integración. O seu Mestre é Samuel Soto, membro de formacións coma Sondeseu e Ardentía, que encargouse da gravación de audio acompañado do Mestre Suso Feixón (Pelepau). Coas colaboracións de Xurxo Jachía (Xistra), Ramón Pazos (Abóbriga) e de Diego Bea Besada na gravación do vídeo presentan a “Xota do Monte Trega”. Tamén colabora o grupo de baile Xamaraina Guarda.
Por segunda vez a Deputación de Pontevedra axuda a esta formación a cumprir os seus soños subvencionando parte dos gastos da gravación. Da xestión administrativa encargouse Ana María Rodríguez. Traxes tradicionais, rítmica galega, gaitas, cordas e integración social fan deste proxecto un Orgullo Noso.

