Afaga debaterá o novo modelo de atención residencial nas súas xornadas formativas

As XVIII Xornadas Profesionais Alzheimer terán lugar este ano na Fundación Barrié o 27 de novembro. Organizadas por Afaga Alzheimer, este evento que nesta edición cumpre o súa décimo oitava edición foi creado para xerar un espazo de encontro e formación especializada. Nestas reúnense profesionais sanitarios e sociosanitarios para reflexionar sobre a situación actual e os futuros retos na atención ás demencias.

O programa desta edición conta con catro ponencias que se impartirán de 08:30 a 15:00. Os títulos das mesmas son: “Impacto da recente reforma de dereito civil: dende a perspectiva das demencias”, “Futuro na atención continuada a persoas con demencia (Domicilio Vs Residencia)”, “A linguaxe do cerebro: Emoción e Relación” e “Humanitude: novo enfoque do acompañamento de persoas dependentes”.

As xornadas están dirixidas, principalmente, a profesionais, estudantes e demandantes de emprego. O prazo de inscrición estará aberto ata o luns 22 de novembro.

As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse a través da páxina web da asociación (www.afaga.com). Para resolver cualquera dúbida poden poñerse en contacto a través do 986 22 97 97 ou escribir a formacion@afaga.com.