Ouro para o baionés David González no Torneo Villa de Gijón

Bos resultados dos deportistas da selección galega que participaron este pasado sábado no torneo nacional Villa de Gijón en Gijón (Asturias). Galicia acudiu a esta competición como parte da preparación dos nosos deportistas de cara a esta nova tempada deportiva. “É un torneo ben organizado e moi preto de nós: cada ano, tratamos de asistir a este evento”, afirma Rubén Méndez, técnico da Federación Galega.

Por outra banda, participaron algúns dos deportistas máis novos becados no CGTD de Pontevedra. “Este tipo de competición serve para darlle rodaxe aos máis novos e que amplíen a súa experiencia deportiva”, afirma Marcos Mirgaya, técnico do CGTD de Pontevedra.

Os resultados máis destacados dos deportistas galegos foron:

O seguinte obxectivo será a Xornada de Formación para os Deportistas, que terá lugar no CGTD de Pontevedra este vindeiro sábado 20 de novembro, e o Torneo Nacional de Barakaldo Copa MAIDER UNDA, que terá lugar o 27 de novembro no País Vasco.