O Concello de Nigrán celebrou esta mañá a súa tradicional Festa da Bicicleta con 230 participantes separados en grupos de conviventes ou máximo de 6 persoas e cumprindo todos os protocolos sanitarios, cunha marcha circular polo litoral do municipio. A saída foi desde o Pavillón Municipal de Panxón para chegar ao final da rotonda de Praia América e volver. Participaron tamén os vehículos deportivos adaptados do Concello con usuarios e voluntarios. Unha vez rematada a marcha sorteouse unha bicicleta, dez cascos e dez bidóns de auga.
O resultado do sorteo posterior foi:
- Bidóns para auga: 11, 40, 52, 54, 99, 102, 138, 183, 212, 121
- Cascos: 56, 104, 133, 156, 169, 193, 196, 197, 208, 216
- Bicicleta: 187










