A ANPA do CPI Cova Terreña promove a igualdade entre os alumnos e as súas familias

A ANPA Covaterreña está a realizar sesións informativas no centro CPI de Cova Terreña co obxectivo de concienciar ás familias, así como aos alumnos e alumnas de Primaria e 1º e 2º de ESO, da importancia da igualdade e o perigo das redes sociais. Estas sesións leváronse a cabo na primeira quincena do mes de novembro, e todas elas foron financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade.