Os Populares de Nigrán despiden a campaña ondeando bandeiras azuis en Praia América

Os Populares de Nigrán despediron hoxe a campaña electoral cunha caravana na que participaron máis de 20 vehículos. Ao longo da tarde, a comitiva desprazouse polas sete parroquias do municipio, para finalizar en Praia América, fronte ao Area Loura, no punto onde debería xa estar a ondear a bandeira azul deste areal, ás 20:00 horas.

Así, un dos areais máis emblemáticos de Nigrán recuperou durante polo menos uns minutos o distintivo de calidade que ostentaba desde hai máis de 20 anos, con máis de 60 bandeiras azuis, en sinal de protesta pola decisión adoptada polo socialista Juan A. González de non solicitar estes distintivos, sinónimo de calidade ambiental das praias e duns servizos mínimos que garanten aos usuarios seguridade e desfrute, “outorgados por unha entidade sen ánimo de lucro, non por unha empresa privada como sinalou o socialista hai unhas semanas”, lembra o candidato, Carlos Abal.

Ao finalizar a caravana, os populares desprazáronse ata o cámping de Praia América para gozar duns petiscos con veciños e simpatizantes, “cos que queremos agradecer o traballo e o esforzo de moitos veciños, así como o apoio que sentimos, especialmente nas últimas semanas”, conclúe o alcadable popular.