O teatro regresa a Gondomar esta fin de semana

Regresa o teatro a Gondomar dentro da súa programación “Gondocultura Outono”. Este sábado 6 de novembro, a partir das 21:30 horas, o Auditorio Municipal Lois Tobío acollerá a representación da obra “Soga e Sinsa”, da compañía Aporía Escénica.

O público poderá gozar da representación dun trítptico renacentista para 11 bruxas que se desenvolve en 101 minutos. Nel abórdase a caza de bruxas que se produciu en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co fin de visibilizar o xenocidio que supuxo naquel momento, e a conexión directa que ten co desenvolvemento do sistema capitalista nas sociedades.

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais de “Soga e Sinsa”, este esconxuro teatral que se representará en Gondomar esta fin de semana.

Máis información en https://taquilla.concellodegondomar.com.