O Cereixa suma tres puntos goleando ao Redondela

Partido contra o Redondela FS o que puideron desfrutar os afeccionados desprazados ao Pabellón Municipal de Gondomar, onde o Coperfi Cereixa Gondomar FS conseguiu sumar os tres puntos.

A primeira metade destacou polo gran xogo que exhibiron os dous equipos tanto no que se refire ao ritmo do partido como ao fútbol sala vistoso, entretido e de gran calidade. Os locais saíron moi metidos e coas ideas moi claras, levando o encontro ao seu terreo e non deixando aos visitantes desenvolver o seu xogo, podendo marchar co resultado de 1-0 ao descanso.

A segunda parte comezou con algunhas dúbidas no equipo local pero pronto se resolveron, aínda non sendo esta segunda parte tan vistosa como a primeira, foi cando chegaron os goles, ata un total de nove. Os goles locais foron obra de Gaby (4), Rubén (2), Luca (1) e Adri (1).

Toca seguir traballando para alcanzar os postos de privilexio, que cada vez están máis preto.

Anuncios