Joel Ribeiro do CPA Gondomar proclámase campión da Copa de Europa de patinaxe artística

Esta semana celebrouse a Copa de Europa de patinaxe artística en Portugal, no Pavillón de Paredes, proclamándose campión o gondomareño Joel Ribeiro do Club de Patinaxe Artística Gondomar, na categoría cadete masculino.

Joel Ribeiro, con tan só 13 anos, conseguiu unha gran traxectoria á beira do seu adestrador David Figueroa. Cabe lembrar que este patinador do Club Patinaxe Artística Gondomar conseguiu unha importante posición ata a actualidade demostrando cada día a súa progresión no mundo da patinaxe artística, conseguindo o ouro na tarde de onte, proclamándose campión da Copa de Europa 2021 na súa categoría.