A ANPA do Colexio Juan María organiza unha charla sobre sexualidade e persoas con discapacidade

A ANPA do Colexio Juan María de Nigrán organiza unha charla sobre “Sexualidade e persoas con discapacidade” o 5 de novembro ás 18:00 horas no Auditorio do Concello de Nigrán.

A encargada de impartila será Natalia Rubio Arribas, psicóloga, sexóloga, pedagoga e mestra en Educación Sexual, presidenta da Asociación Estatal de Sexualidad y Discapacidad, asesora de Plena Inclusión España, das confederacións de Aspace e Autismo España, entre outras entidades, e autora de publicacións e investigacións no ámbito da discapacidade.

A experta informará sobre a evolución afectivo-sexual das persoas con discapacidade, amosará como abordar asuntos tan complicados como a xestión emocional, a necesidade de intimidade, etc. e facilitará materiais e recursos para traballar todos estes contidos.

A actividade está incluída dentro das axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.