A XII edición do Ciclocross Concello de Cambre presentaba unha participación de moito nivel e así o demostran as clasificacións da quinta xornada da Copa Galicia celebrada este domingo na contorna do campo de fútbol Dani Mallo. Na categoría júnior, o gondomareño Ricardo Buba (Coruxo) inscribiu o seu nome na nómina de gañadores e gañadoras deste evento, con máis dun minuto de vantaxe respecto ao segundo clasificado, o independente Tomás Mota. Xano Gil (Ponteareas), foi terceiro.
Xa o luns, festivo de Todos os Santos, a Copa Galicia continuou no V Ciclocross Val de Esmelle. O júnior Ricardo Buba (Coruxo) continuou invicto na súa categoría, alcanzando en Ferrol o seu sexto éxito na Copa 2021. Hugo Martínez (Avanza-Porriño) foi segundo, a 45 segundos do gondomareño, e Héctor García (Poio Bike Club) terceiro.
A Copa Galicia descansa a vindeira fin de semana e regresará o sábado 13 de novembro no Rosal.










