A Prazaneta chega este sábado a Baiona

Este sábado, día 23 de outubro, a Praza de Abastos de Baiona achégase ao Camiño de Santiago para compartir cos peregrinos e turistas un dos tesouros do noso mar e da nosa terra: os seus produtos. Este proxecto está integrado dentro do programa ÉCOCIÑA impulsado pola Xunta de Galicia, que fomenta as boas prácticas na hostalería galega en canto a obxectivos de sostenibilidade.

Desde as 11:00 ata as 12:30 horas, A Prazaneta percorrerá a etapa do Camiño Portugués pola Costa ao seu paso por Baiona. Fará a súa primeira parada no Aparcadoiro Gratuíto de Baiona (PO-552, pasada a rotonda do Faro), onde repartirá de balde uns enerxéticos petiscos aos peregrinos e turistas que por alí pasen.

Ás 18:00 horas, para repoñer forzas despois dunha xornada de camiñada, non hai mellor cousa que saborear uns pinchos elaborados cos mellores produtos da Praza de Abastos de Baiona. A Prazaneta localizarase na entrada da Praza de Abastos (Rúa Carabela La Pinta Nº 11), onde un chef local nos sorprenderá cunha degustación, realizada cos produtos máis frescos e de proximidade.

CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA

Unha ruta caracterizada polos marabillosos paisaxes costeiros ao longo dos que transcorre esta etapa e que marcan tamén a tradición culinaria da zona. Onde son típicos os peixes e mariscos entre os que destacan as zamburiñas. Pero non podemos esquecernos de outros produtos estrela locais como son o mel e as noces, protagonistas das romarías de San Cosme e San Damián.