Os Faladoiros do IEM: “O prezo do barato. Consumo responsable”

O vindeiro venres, 22 de outubro, ás 20:00 horas, o Centro Neural de Gondomar acollerá o Faladoiro do IEM “O prezo do barato. Consumo responsable”. Albino Prada Blanco falará sobre o avance do hipercapitalismo dixital no relativo aos hábitos de consumo (online) e as formas de traballo dependente (teletraballo). Avaliando brevemente as súas consecuencias no emprego e na distribución, na calidade dos servizos, no financiamento do sector público, na autonomía e na soberanía social e política dos países. Despois dunha breve exposición de propostas sobre o particular, abrirase un coloquio. Estará presentado por Pedro Telmo Rodríguez (k12 Comunicación).