O Show de Fifo de Troula Animación chega a Baiona

O Parque da Palma de Baiona acollerá este mércores, día 21 de xullo ás 21:00 horas, o espectáculo familiar O Show de Fifo “Soño” de Troula Animación, dentro da axenda cultural Baiverán 2021. Música, bailes, gags cómicos… e moito máis, nun espectáculo cheo de diversión e participación constante de todos os nenos que queiran xogar co pallaso protagonista.