
No Centro Sociocomunitario de Baiona poñen en marcha para os dous últimos meses do ano dúas edicións dun “Curso de Hábitos Saudables e Promoción para a Saúde”, subvencionados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para todas aquelas persoas que queiran participar para aprender ou simplemente adquirir os coñecementos e/ou mecanismos necesarios para cambiar os seus hábitos ou modelos de nutrición e vida.
O número de prazas por edición é de 8 participantes como máximo, que abonarán unha cota de inscrición de cinco euros para un curso sen ningún outro custo. A primeira edición desenvolverase os días 16, 19, 23 e 26 de novembro en horario de 18:30 a 20:30 horas nas instalacións do Centro na rúa Dolores Agrelo, 16 (por encima do pavillón de deportes). A segunda edición será os días 30 de novembro e 3, 10 e 14 de decembro no mesmo horario e localización.
O período de inscricións estará aberto ata o 29 de outubro. Máis información e reservas no Centro Sociocomunitario de Baiona ou no teléfono 886 110 123.