Corte de tráfico no Barrio da Percibilleira

O Concello de Baiona informa do corte de tráfico a partir de mañá na rúa Percibilleira, viario principal do Barrio da Percibilleira, debido aos traballos de renovación das tubaxes de saneamento, auga potable e recollida de pluviais deste barrio baionés. Tamén se levarán a cabo traballos de renovación do asfaltado en toda a zona. Un proxecto cun investimento de 186.184,55 euros con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra. O corte total do tráfico producirase durante os días laborais deixando o paso accesible durante a fin de semana.