
O Concello de Gondomar pon en marcha un ciclo de cinema galego no seu programa cultural. A iniciativa, desenvolta coa colaboración de Cineclub Val Miñor Alice Guy, arranca este venres coa proxección do primeiro título que recolle o programa “Gondocultura Outono”, ao que se sumará o sábado unha nova cita co teatro, coa produción de Señora Supina titulada “No Golfo”.
O Auditorio Lois Tobío será a instalación que acollerá esta fin de semana ambas as dúas citas que arrancan ás 21:00 horas deste venres 15 de outubro coa proxección da película “9 fugas”, do director Fon Cortizo. A longametraxe, co premio Mestre Mateo á mellor Banda Sonora Orixinal, ou o nomeamento á mellor fotografía, tamén foi distinguida como mellor película na última edición do Festival de Cinema de Xixón.
Xa o sábado 16, de novo quenda para o teatro en Gondomar. Sobre o escenario do Auditorio Municipal as actrices Alba Outeda e Raquel Ferraz darán vida ás protagonistas de “No Golfo”, obra dirixida por Javier Lojo, na que ambas se verán atrapadas nunha lancha varada que lles obrigará a enfrontarse á súa propia historia como parella, e en que momento atópase.
As entradas deberán retirarse en www.taquilla.concellodegondomar.gal.