
Este mércores, 13 de outubro, ás 18:00 horas, o Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona acollerá unha nova sesión de contacontos para bebés pero está vez a cargo de Pavís Pavos. Unha sesión de contos, cantos e ladaíñas. Esta actividade ideouse para bebés de 0-3 anos, polo que deberán ir acompañados por unha persoa adulta. Por cuestións de seguridade sanitaria, é imprescindible a inscrición previa para cada un deles no Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona ou no 986 35 59 43.