Ubaldo Rodríguez de Oliveira, do Máster Morrazo, vencedor do IV Desafío Talaso Atlántico

O corredor do Máster Morrazo, Ubaldo Rodríguez de Oliveira, alzouse como vencedor absoluto do IV Desafío Talaso Atlántico, cun tempo de 38 minutos e 51 segundos, batendo en dous segundos o mellor tempo rexistrado ata a data nesta proba, na edición 2019. O segundo posto foi para Xosé Carid Cao, independente, cun tempo de 39 minutos e 35 segundos; e o terceiro clasificado foi Mario García Ontiyuelo, do Team Oinense Turonia Maglia, completando a proba en 41 minutos e 21 segundos.

Na categoría feminina, a corredora máis rápida foi Bryonny Izzard, do Atlántigas, cun tempo de 50 minutos e 6 segundos; Carmen Lens, independente, con 52 minutos e 26 segundos, e Rebeca Filgueira, tamén independente, cun tempo de 1 hora, 3 minutos e 15 segundos.

A proba está organizada polo Hotel Talaso Atlántico e o Team Oiense Turonia Maglia e está composta por un percorrido de 60 quilómetros que inclúe unha cronoescalada de 17 quilómetros entre o Mosteiro de Oia e o Alto da Groba, con 606 metros de desnivel. Todos os protagonistas do podio desta cuarta edición destacaron a dureza da proba e a espectacularidade do lugar onde se disputa, favorecido isto último co bo tempo que hoxe fixo.

Antes da entrega de premios aos tres mellores clasificados de cada categoría, o presidente do Team Oiense Turonia Maglia, Aser Estévez, quixo destacar o traballo de dous corredores paralímpicos, José Manuel Ferro e Iván Manuel Montero, que completaron “unha proba dura, un desafío destas características”.

Por idades, na categoría 15-20, o mellor clasificado masculino foi Pablo Camescase; na de 21-30 masculino, Xosé Carid; e en feminino, Bryonny Izzard; en 31-40 masculino; Roberto Comesaña; en 41-50 masculino, Ubaldo Rodríguez de Oliveira, e en feminino, Cristina Fernández; en 51-60 masculino, Luis Rodríguez; en 61-70 masculino, Manuel Prieto; en 71-80 masculino, Santiago Iglesias e en paralímpico, Iván Manuel Montero.