Baiona rende homenaxe aos deportistas locais no seu ano máis duro

Brais García e Adrián Rodríguez.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, quere render tributo ao deporte, “nos anos máis duros para o deporte”, en palabras do alcalde, Carlos Gómez Prado. O rexedor quixo organizar un acto público de recoñecemento aos deportistas este próximo sábado, día 2 de outubro, na Praza do Concello, para recoñecer os logros cultivados en 2020 e 2021 polos atletas locais como “un auténtico exemplo de superación e orgullo para o resto dos baioneses e baionesas”.

O acto converterase nunha especie de homenaxe colectiva do Concello de Baiona ofrecendo todo o seu apoio a uns e unhas deportistas seriamente afectados tanto polo confinamento decretado o 14 de marzo de 2020 como polos continuos peches decretados pola Xunta de Galicia para tratar de controlar as sucesivas ondas que se produciron ao longo do tempo.

A cerimonia tamén servirá para entregar os premios aos gañadores e gañadoras que participaron nas citas deportivas tradicionais da vila dunha maneira segura a través da App “Baiona co Deporte”. Este ano a XII Subida Á Groba; XI Travesía a Nado; 36ª Carreira Pedestre “Andar e Correr” e o VII Tríatlon Solidario Baiona, disputáronse de forma semi virtual para que os veciños e veciñas interesados puidesen participar en cada unha das probas.

Ademais de ofertar unha alternativa de deporte segura, todos estes eventos tiveron un compoñente solidario xa que todos os quilómetros que realizaron as persoas participantes serán trocados e destinados á ONG “Ayuda al Mundo Necesitado”, polo que o acto tamén servirá para facer a entrega efectiva destes donativos á ONG local.

Desde o Concello tamén se quixo ter un recoñecemento especial a distintas persoas a nivel individual e colectivos polo seu labor de fomento ao deporte municipal. Entre elas atópanse: Carlos Pereira (ex porteiro profesional de fútbol, Pepe Costas (A Voz do Pobo), Carlos Barreiro “Buka”, Escola Adaptada de Vela MRCY Baiona, Voluntarios do Deporte Municipal, recoñecemento do traballo deseinteresado que este ano se personifica na figura dos falecido Marcos Vasconcellos, José Manuel Conde.

En canto aos recoñecementos ao mérito deportivo 2020-2021, atópanse: Marta Canella (Basket); Daniel Pazo y Ainhoa Repazar (Atletismo); Iria Ludeña, Gustavo Ignacio López y Paula Cereijo (Piragüismo); David González, Anxo Uzal, Diego Otero, Cristian Suárez, Jesús Fajaco, Anxo Lomba, Pedro Míguez, Donis Fernández, Omar Rodríguez y Breixo Martínez y Lois Cabreira (Loita Olímpica, Club de Lucha de Sabarís); Elena Avendaño (Hípica); Manuel Mo, Vicente Mo, Óscar Martínez, Blanca Lago, Manuel Mo, María Rodríguez, Sabela Rodríguez, Lara Senra (Bolos, Club Estivada), Ignocencio Valverde (Bolos, Club Xunqueira); Gonzalo Pérez, Daniel Álvarez, Laureano Miniño, Xosé Sequeiros, Nicolás Míguez (Bolos, Club Baredo) ; Matias Rajo, Carlos Silva, Belén Rodríguez, Nerea Ferreira (Bolos, Club A Rega); José Ramón Martínez, Patricia García, Marley Millán, Kevin Durán, Ares Argibay, Alison Sánchez (Bolos, Club Portameán); Brais García y Adrián Rodríguez (Club de Bolos Urgal); Martín Carbó, Víctor-José Diogo, Iker Pazo, Xabier González, Nicolás Castro, Iago Vázquez, Xenxo Vásquez, Daniel González, Dylan Estévez, Lois Giráldez, Pablo Pardo, Salvador Pérez y Nicolás LaFuente (Fútbol, Erizana Club Fútbol).

Tanto o Alcalde como a concelleira de Deportes queren agradecer ás moitas entidades privadas e publicas que colaboran cos distintos eventos xa que grazas ás súas importantes colaboracións foi posible a organización dos mesmos.

“Con estas mencións honoríficas e con estes recoñecementos ao mérito deportivo preténdese recoñecer a quen, dunha ou outra maneira, fixeron grande ao deporte baionés ao longo dos anos e especialmente durante o ano 2020 e 2021, os anos máis duros para o deporte. Así se distingue a quen desde o deporte fortalecen a localidade e a sociedade baionesa, e aínda máis neste período de pandemia no que a actividade deportiva resulta fundamental”, conclúe o rexedor.