Dispositivo especial para localizar a un veciño de Morgadáns desaparecido dende onte

Efectivos da Policía Local e Garda Civil de Gondomar puxeron en marcha un operativo especial para localizar a J.F.U., un veciño de Morgadáns, de 57 anos, desaparecido da súa casa desde onte. Ao operativo sumáronse tamén veciños/as voluntarios/as da zona e realízase un chamamento a que se somen todas as persoas que poidan axudar a localizar a este home, que foi visto por última vez onte luns sobre as dúas da tarde cando saíu da súa casa cunha motoserra nun vehículo. Os interesados/as en colaborar poden achegarse ata o punto de control, situado nas inmediacións do campo de fútbol da parroquia de Morgadáns, e participar no dispositivo montado para organizar batidas en grupos.