Un accidente con tres vehículos implicados na estrada de Santa Marta, en Baiona, deixou a pasada noite un bebé ferido leve. Foi a Policía Local do municipio quen, pasadas as nove da noite deste xoves, deu aviso ao 112 Galicia deste sinistro. Ao recibir esta comunicación, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) informouse aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, ao GES do Val Miñor e a Protección Civil. Finalmente, os axentes da policía que acudiron ao lugar confirmaron ao 112 Galicia que un bebé precisara asistencia médica pero que, en principio, non revestía gravidade.
Un bebé resulta ferido despois dunha colisión entre tres vehículos en Baiona

