Segunda sesión de contacontos dirixida á primeira infancia en Nigrán

O Concello de Nigrán, a través da Biblioteca Municipal, ofrece este venres 17 de setembro no Auditorio Municipal ás 18:00 horas o contacontos “Unha viaxe para cantar e contar” a través do programa de dinamización á lectura “Ler conta Moito”. Por cuestións de seguridade sanitaria, é imprescindible a inscrición previa na propia biblioteca, no correo nigran.rbgalicia@eidolocal.es ou no 986383979.

A cargo de “Donde viven los cuentos”, está dirixido á primeira infancia (de 0 a 5 anos). Este contacontos é unha viaxe polos sentidos. A través de diferentes contos e xogos con teas, obxectos, luces, sons e música, os máis cativos irán recorrendo na súa barquiña unha chea de illas nas que vivirán aventuras trepidantes ao mesmo tempo que aprenderán conceptos como as cores, os números, as formas, as partes do corpo… Esta sesión constará de catro contos adaptados o galego: Polo camiño, Animales a mano, Mi cara, e La araña hacendosa.

O martes 28 de setembro ás 18:00 horas e o venres 8 de outubro será a quenda de Raquel Queizás con senllos contacontos.