Chaín celebra as festas da Virxe da Merced

A parroquia gondomareña de Chaín celebra esta fin de semana as festas da Virxe da Merced. O Centro Cultural e a Comisión de Festas traballaron para organizar uns actos culturais para desfrute de todos, cun programa que agardan satisfaga a públicos de todas as idades.

A programación prevista comezará o venres día 24 de setembro ás 11:45 da mañá coa entrada da Charanga Vai de Baile. Ás 12:00 do mediodía se celebrará a Misa Solemne na honra da Virxe da Merced, acompañada pola Coral do Centro Cultural A Merced de Chaín. Ao finalizar, actuará a Charanga Vai de Baile. Pola noite, ás 22:00 horas, o grupo La Banda de Ayer ofrecerá un concerto.

O sábado 25 ás 19:00 horas haberá un concerto do grupo de percusión Odaiko, e ás 20:00 horas un contacontos a cargo de Paula Carballeira.

Todos os actos serán no recinto da Capela da Virxe da Merced. Seguindo a normativa imposta pola Xunta de Galicia, será obrigatorio o uso da máscara e manter as distancias interpersoais.