Voluntarios retiran 200 quilos de lixo de Praia América-Lourido

Un total de 13 persoas coordinadas desde o Concello de Nigrán participaron este pasado domingo 19 de setembro no proxecto Libera “1m2 polas praias e mares” cunha xornada de limpeza matinal ao carón do peirao de Lourido (Praia América). Ao longo de hora e media retiraron preto de 200 kg de lixo, aparecendo fundamentalmente, como é habitual, moitas botellas de plásticos, microplásticos, restos de material de pesca…