Esta fin de semana celebráronse en Madrid e Tineo (Asturias) os Campionatos de España individuais de primeira e segunda categoría de bolo celta, así como o de seleccións autonómicas.
En Madrid o individual de primeira cos seguintes resultados:
- Campión de España: Manuel González “Lu” de bolos L’Acabose de Tineo-Asturias.
- Subcampión: David García de bolos La Panera de Cangas del Narcea-Asturias.
- Terceiro clasificado: Manuel Mo de bolos Estivada de Baiona.
- Cuarto clasificado: José M. Torres de bolos San Cibrán de Gondomar.
Tamén o de seleccións autonómicas coa seguinte clasificación:
- Campioa: Selección de Asturias.
- Subcampioa: Selección de Galicia.
- Terceiros: Selección de Madrid.
En Tineo-Asturias o campionato individual de segunda categoría coa seguinte clasificación:
- Campión de España: David Velasco de Los Serenos de Tineo.
- Subcampión: David Fernández de Navelgas-Tineo.
- Terceiro: Javier Alonso de Xove-Lugo.
- Cuarto: José R. Fernández “Jota” de bolos Compastur de Tineo.
A próxima fin de semana celébrase en Camos-Nigrán o Campionato de España de parellas mixtas que poñerá punto e final aos Campionatos de España de bolo celta para o 2021.




